Publicado enArantza Portabales
«Beleza vermella» (2019). Arantza Portabales.
Non sei se en todas as edicións é así, pero na que eu lin é tremenda a cantidade de grallas: comas criminais (as que separan suxeito e predicado) por todas partes, pronomes repetidos... En fin, unha desfeita, dende logo. Pareceume estraño nunha editorial como Galaxia, que adoita coidar os textos, pero neste caso, dende logo, non o fixeron. A novela, a verdade, non me gustou demasiado. É entretida, si, pero é tan rebuscada a trama que aínda que nótase que pretende ser unha homenaxe a Agatha Christie, sobre todo no final (esa típica exposición ao máis puro estilo Poirot ante…