«O cidadán do mes» (2007). Diego Ameixeiras.

«O cidadán do mes» (2007). Diego Ameixeiras.

Penso que non atinei lendo unha das novelas da etapa "pulp" de Ameixeiras para estrearme con él. Non me mola moito Bukowski e esta obra lembrábamo constantemente. O protagonista, Horacio Dopico, típico machote con apariencia de duro e despegado, pegado a unha botella e sempre cun comentario despectivamente agudo para soltar a tempo, é unha personaxe desas que non me permiten sentirme cómoda nunha historia. Pero o certo é que Ameixeiras escribe ben, moi ben, e aínda que das historias de Dopico non me quedaron moitas ganas de saber máis, sí que quedei con ganas de ler máis deste galego que…