«Beleza vermella» (2019). Arantza Portabales.
Non sei se en todas as edicións é así, pero na que eu lin é tremenda a cantidade de grallas: comas criminais (as que separan suxeito e predicado) por todas partes, pronomes repetidos… En fin, unha desfeita, dende logo. Pareceume estraño nunha editorial como Galaxia, que adoita coidar os textos, pero neste caso, dende logo, non o fixeron.
A novela, a verdade, non me gustou demasiado. É entretida, si, pero é tan rebuscada a trama que aínda que nótase que pretende ser unha homenaxe a Agatha Christie, sobre todo no final (esa típica exposición ao máis puro estilo Poirot ante todos os sospeitosos, con artimaña dos investigadores incluida) non o acada.
A morte dunha rapaza de boa familia de Santiago nunha noite na que estaban na casa os seus pais, a súa tía, a súa tía avoa e unha parella de amigos convírteos a todos en sospeitosos do crime. E a autora vai armando unha trama na que precisamente por ser todos o posible asasino todo vaise enrarecendo entre eles. A tía da moza, Lía, é artista e pasa grandes tempadas coa familia. É a principal sospeitosa: é psicolóxicamente inestable e tras a morte de Xiana tenta suicidarse, polo que Connor, un psiquiatra, faise cargo dela.
A súa xemelga, a nai de Xiana, teme que fose ela a asasina, e presiona aos policía encargados do caso (que, a súa vez, están comezando unha relación) para que non deixen a investigación aínda que un dos sospeitosos suicídase e escribe unha nota culpándose do crime. Todo tan tan tan enrevesado e con tanta volta de torca que dende a metade da novela tes claro quen é o culpable: o que menos cres, obviamente.
Nota: 4/10.
Máis información sobre a autora en Wikipedia.