«Infamia» (2019). Ledicia Costas.
Con esta novela pasoume unha cousa curiosa: gustoume moitísimo o estilo da narradora, o seu marabilloso galego… pero a trama resultoume pouco atraínte. Quizá porque mestura demasiadas traxedias nunha, ou porque os personaxes principais, Enma e Lucas, buscan ser tan atípicos que, por intres, deixan de ser cribles, alómenos para min.
A trama desenvólvese na pequena aldea de Merlo, onde recala Enma Cruz, profesora de Dereito Penal que estrea destino, tras romper co seu mozo e perseguida polo amor que sinte por Mario, un compañeiro de Facultade, agora casado e con fillos, co que mantén una relación difícil de definir dende que eran mozos.
Na aldea todo está impregnado de brétema e da lembranza das irmás Giraud, desaparecidas cando eran nenas sen deixar rastro. A profesora síntese moi atraída polo misterio e comeza a investigar, tirando de fíos que van facendo asomar un pasado ben escuro para gran parte dos residentes na pequena aldea.
Máis información da autora na súa web.