La mujer justa

Un blog sobre libros

Diego Ameixeiras

«O cidadán do mes» (2007). Diego Ameixeiras.

Penso que non atinei lendo unha das novelas da etapa «pulp» de Ameixeiras para estrearme con él. Non me mola moito Bukowski e esta obra lembrábamo constantemente. O protagonista, Horacio Dopico, típico machote con apariencia de duro e despegado, pegado a unha botella e sempre cun comentario despectivamente agudo para soltar a tempo, é unha personaxe desas que non me permiten sentirme cómoda nunha historia. Pero o certo é que Ameixeiras escribe ben, moi ben, e aínda que das historias de Dopico non me quedaron moitas ganas de saber máis, sí que quedei con ganas de ler máis deste galego que revolucionou na nosa terra a novela negra.

A trama de «O cidadán do mes» comeza cun clásico da novela negra: o detective durillo e a muller despampanante, neste caso Sonia Bouzas, que contacta con Dopico para pedirlle que atope ao seu mozo, vixilante na obra du enorme centro comercial, que desapareceu sen deixar rastro. Arredor dos protagonistas vanse abrindo moitas historias, retorcendo a aparentemente sinxela investigación ata chegar a un final sorprendente. Ameixeiras mide ben os tempos para dar información ao lector, que anda un pouco perdido por case toda a novela ata que o narrador empeza a soltar corda para que comece a atar os cabos.

Un rico e corrupto empresario, unha situación política convulsa e unha cidade que ferve, e non só coa calor, Ourense, vanse unindo e desunindo na historia, dando voltas arredor de Dopico, que, aínda que poda parecernos tan perdido coma nós nalgún momento, é o único que de verdade está entendendo de verdade ata onde chega a profunda capa de corrupción que agocha a desaparición do vixilante ao que Sonia Bouzas quere atopar.

Nota: 5/10.

Máis info sobre o autor en Wikipedia.