La mujer justa

Un blog sobre libros

Antía Yáñez

«Senlleiras» (2018). Antía Yáñez.

Tecendo as historias como a nai dun dos protagonistas desta novela tecía o medo no tear que a axudaba a esquecer as palizas do seu marido, Antía Yáñez crea un intelixente enrramado de mulleres alén do tempo, todas definidas por unha terrible violencia machista que, lonxe de deterse, vai pasando de xeración en xeración, de clase social en clase social.

Entremezclando ficción con realidade, documentación de vellos xornais con comentarios actuais das redes sociais, a narradora lévanos a unha viaxe dolorosa, desgranando no camiño as claves da violencia contra as mulleres.

Alda é unha influencer famosa, cunha vida aparentemente perfecta co seu home, un exitoso publicista. O seu suposto suicidio marca o inicio desta trama tecida de moitas outras. A de Alana, unha rapaza pobre que casa cun xornalista de boa familia a principios do século XX. A de Navia, a mellor amiga de Alda, deslabazada pola súa morte ata que atopa a un rapaz co que descubre que nada é o que parece. A das mulleres que rodean a esas mulleres feridas e asustadas. A dos homes terribles que as esnaquizaron. As dos homes bós que tentaron axudalas.

É marabilloso o xeito de entrelazar as historias, de levar ao lector a intuir a relación entre elas. De tentar que entenda por qué esas mulleres non fuxen, non piden axuda: de que comprenda o engranaxe da violencia machista e o poder do medo. De quitarlle algo… quitaríalle a esta novela a parte sobrenatural que, aínda que nótase que tenta ser metafórica, penso que está de máis nunha novela tan seria e tan sorprendente para unha escritora tan nova.

Máis información sobre a autora en Wikipedia.

Nota: 7/10.