«Senlleiras» (2018). Antía Yáñez.
Tecendo as historias como a nai dun dos protagonistas desta novela tecía o medo no tear que a axudaba a esquecer as palizas do seu marido, Antía Yáñez crea un intelixente enrramado de mulleres alén do tempo, todas definidas por unha terrible violencia machista que, lonxe de deterse, vai pasando de xeración en xeración, de clase social en clase social. Entremezclando ficción con realidade, documentación de vellos xornais con comentarios actuais das redes sociais, a narradora lévanos a unha viaxe dolorosa, espallando no camiño as claves da violencia contra as mulleres. Alda é unha influencer famosa, cunha vida aparentemente perfecta…









